Acento agudo
O acento agudo é un signo diacrítico consistente nunha pequena raia que baixa de dereita a esquerda colocada sobre unha vogal ou unha consoante. O acento agudo é o único acento gráfico utilizado habitualmente na lingua galega.


Uso en galego Editar
- Indicar a sílaba tónica dunha palabra: médico, revólver, canón.
- Distinguir palabras homógrafas, con diferente timbre da vogal tónica ou unha tónica e outra átona: óso, dá.
- Nalgúns casos especiais, para distinguir o sentido dunha frase cando hai ambigüidade: Dime que queres / Dime qué queres.
- Aparece nalgunhas palabras estranxeiras non adaptadas en galego: déjà vu


Usos noutras linguas Editar
Ademais dos usos habituais na lingua galega, outros idiomas empregan o acento agudo para sinalar outras situacións:
- En catalán, francés e italiano indica que as vogais que o levan son pechadas: é pronúnciase [e] e ó pronúnciase [o]. Pola contra, en portugués indican que as vogais son abertas.
- En polaco, úsase na vogal o (ó) para indicar que se pronuncia máis pechada, máis posterior e máis arredondeada: [u] en vez de [ɔ].
- En checo, eslovaco, húngaro e irlandés indican as vogais longas.
- En certas linguas eslavas sitúase sobre algunhas consoantes para indicar palatalización.
- Indica o ton en vietnamita, na transcrición Pinyin do mandarín e nalgunhas linguas africanas.
- En danés e neerlandés emprégase para indicar énfase.
- En feroés, islandés ou húngaro as vogais con acento agudo teñen diferente pronuncia.


Véxase tamén Editar
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Acento agudo |
Outros artigos Editar
Bibliografía Editar
- Dosil López, Benxamín; Riveiro Costa, Xesús (2004). Dicionario de ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-040-6.
🔥 Top keywords: