Yukio Mishima

Escritor xaponés

Yukio Mishima (三島由紀夫 Mishima Yukio?), pseudónimo de Kimitake Hiraoka (平岡公威 Hiraoka Kimitake?), nado en Toquio o 14 de xaneiro de 1925 e finado na mesma cidade o 25 de novembro de 1970, foi un novelista e dramaturgo xaponés. Escribiu máis de 40 novelas, poemas, ensaios e pezas modernas de teatro kabuki e noh.[1]

Yukio Mishima
Nome completoKimitake Hiraoka
平岡公威
AlcumeYukio Mishima, 榊山保 e 三島由紀夫
Nacemento14 de xaneiro de 1925
 Toquio, Xapón
Falecemento25 de novembro de 1970 (45 anos)
 Toquio, Xapón
Causastabbing
SoterradoCemiterio Tama, Fuchū, Toquio
Nacionalidade Xapón
EtniaPobo xaponés
RelixiónXintoísmo
Alma máterUniversidade de Toquio
Ocupaciónescritor, prosista, novelista, dramaturgo, guionista, poeta, ensaísta, tradutor, crítico, actor de teatro, actor de cinema, director de cinema, director teatral, modelo, activista político e funcionario
PaiAzusa Hiraoka
NaiShizue Hiraoka
CónxuxeYōko Hiraoka
FillosNoriko Hiraoka e Iichirō Hiraoka
IrmánsChiyuki Hiraoka e Mitsuko Hiraoka
XénerosNovela, poesía, teatro, ensaio, crítica literaria
Coñecido/a porThe Temple of the Golden Pavilion, Confissões de uma Máscara, O Mar da Fertilidade, The Sound of Waves, The Sailor Who Fell from Grace with the Sea, Kyōko no Ie, Patriotism, Five Modern Noh Plays e Madame de Sade
PremiosShinchosha literature award, Kishida Theatre Award, Prémio Yomiuri, Yomiuri Weekly, Premio Mainichi das Artes, ACA National Arts Festival e Golden Arrow Award
Na rede
IMDB: nm0592758 Allocine: 43546 Rottentomatoes: celebrity/yukio-mishima Allmovie: p49588 TCM: 1211618 Metacritic: person/yukio-mishima TV.com: people/yukio-mishima
Dialnet: 2922552 Last fm: yukio+mishima Musicbrainz: c4dbf00b-4a0c-40f1-ba48-639c9dd570d1 Discogs: 1563852 WikiTree: 平岡-1 Find a Grave: 6133770 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

En 1988 creouse o premio Mishima para honrar a súa vida e obra.

Traxectoriaeditar

Orixeseditar

Yukio Mishima era o nome artístico utilizado por Kimitake Hiraoka (平岡公威 Hiraoka Kimitake?), que naceu na capital do Imperio do Xapón en 1925, onde tivo unha infancia problemática marcada por sucesos que máis tarde influíron fortemente a súa literatura. De neno foi separado dos seus pais e pasou a vivir coa súa avoa paterna, unha aristócrata ligada á era Tokugawa.[2] A avoa deixaba o neno afastarse da súa vista, de xeito que Kimitake tivo unha infancia illada.

Aos doce anos Kimitake volveu vivir cos seus pais e comezou a escribir as súas primeiras historias. Matriculouse nun colexio de elite en Tokio e seis anos despois publicou nunha revista literaria un conto que posteriormente foi editado en libro. O seu pai, un funcionario do goberno, estaba totalmente en contra das súas pretensións literarias. Nesa época adoptou o pseudónimo Yukio Mishima, en parte para ocultar os seus traballos literarios do coñecemento paterno. Foi recrutado polas forzas xaponesas durante a segunda guerra mundial, mais quedou fóra das liñas da fronte por motivos físicos e de saúde.[3] Este feito converteuse nun factor de gran remorso para Mishima que testemuñou a morte dos seus compatriotas e perdeu a oportunidade de ter unha morte heroica. Forzado polo seu pai, matriculouse na universidade de Toquio onde se formou en dereito. Trala graduación conseguiu un emprego no Ministerio de Finanzas.[4] No entanto, desgustouse tanto que acabou por convencer o seu pai a aceptar a súa carreira literaria. O seu pai, rudo e disciplinante dixo que xa que era escritor era mellor que se converterse no mellor escritor que o Xapón vise.

Inicio da carreira literariaeditar

Mishima tiña 24 anos cando publicou Confesións dunha máscara (面の告白 Kamen no Kokuhaku?),[4] unha historia sobre un mozo homosexual que precisa esconderse detrás dunha máscara para evitar a sociedade. A novela alcanzou un tremendo éxito literario, o que levou a Mishima á celebridade e continuou con outras publicacións e traducións, converténdoo nun autor internacionalmente coñecido. Yukio Mishima foi candidato en tres ocasións ao premio Nobel de literatura;[5] o último deles (1968) foi concedido ao seu amigo, Yasunari Kawabata[6], que o introducira nos círculos literarios de Tokio na década de 1940.

Despois da publicación de Kamen no Kokuhaku, Mishima adquiriu unha posición máis realista e activa, intentando deixar atrás o mozo fráxil e obsesivo. Comezou a practicar artes marciais e alistouse no Exército de Autodefensa xaponés, onde, un ano despois, formou o Tatenokai (Sociedade da Armadura), unha entidade de extrema dereita composta de mozos estudantes de artes marciais que estudaban o bushido baixo a disciplina e tutela de Mishima. Casou en 1958 con Yoko Sugiyama, tendo con ela un fillo e unha filla. Nos últimos dez anos da súa vida, traballou como actor en filmes e codirixiu unha adaptación dunha das súas historias.

Monumento "O son das ondas" de homenaxe á obra de Yukio Mishima

Tentativa de golpe de estado e seppukueditar

O 25 de novembro de 1970, Yukio Mishima, acompañado de 4 membros do Tatenokai, renderon o comandante do cuartel xeral das Forzas de Autodefensa xaponesas en Tokio. Realizou un discurso patriótico na tentativa de persuadir os soldados do cuartel a restituíren ao Emperador os seus poderes.[7] Notando a indiferenza dos soldados, Yukio Mishima cometeu seppuku, sendo asistido por Hiroyasu Koga, unha vez que Masakatsu Morita fallou no momento final.[8] A mañá antes da súa morte esciribiu:

A vida humana é finita mais a min me gustaría vivir para sempre

Crese que Mishima tiña o seu suicidio preparado durante un ano. Segundo John Nathan, o seu biógrafo, tradutor e amigo, tería creado este escenario só como pretexto para o suicidio ritual co que sempre soñou.[9]

Mishima reservaba para si unha individualísima marca de nacionalismo ao final da súa vida. Foi odiado pola extrema dereita, en particular polo seu compromiso declarado co bushido, o código de honra e conduta do samurai, e por nacionalistas tradicionais por causa da súa afirmación, no Bunka Bōeiron (文化 防衛 論, "A Defensa da Cultura"), que Hirohito debería ter abdicado e asumido a responsabilidade pola perda de vidas na guerra.

Cando morreu, Mishima tiña acabado de escribir O Mar da Fertilidade (豊穣の海 Hōjō no Umi?).

Obras principaiseditar

Título en xaponésTítulo traducidoAno
假面の告白
Kamen no Kokuhaku
Confesións dunha máscara1948
愛の渇き
Ai no Kawaki
Sede de amor1950
禁色
Kinjiki
Cores prohibidas1953
潮騷
Shiosai
O tumulto das ondas1954
金閣寺
Kinkaku-ji
O pavillón dourado1956
鏡子の家
Kyōko no Ie
A casa de Kyoko1959
宴のあと
Utage no Ato
Despois do banquete1960
午後の曳航
Gogo no Eikō
O mariñeiro que perdeu as grazas do mar1963
絹と明察
Kinu to Meisatsu
Seda e visón1964
三熊野詣
Mikumano Mōde
(conto)
Actos de adoración1965
サド侯爵夫人
Sado Kōshaku Fujin
(obra de teatro)
Madame de Sade1965
憂國
Yūkoku
(conto)
O patriotismo[10]1966
眞夏の死
Manatsu no Shi
Morte no verán1966
葉隠入門
Hagakure Nyūmon
O camiño do samurai1967
わが友ヒットラー
Waga Tomo Hittorā
(obra de teatro)
O meu amigo Hitler1968
太陽と鐡
Taiyō to Tetsu
Sol e azo1970

豐饒の海
Hōjō no Umi O mar da fertilidade tetraloxía: (1969-1970)
editar

Título en xaponésTítulo traducidoAno
  I. 春の雪
Haru no Yuki
   1. Neve de primavera1969
  II. 奔馬
Honba
   2. Cabalos en fuga1969
  III. 曉の寺
Akatsuki no Tera
   3. O templo da aurora1970
  IV. 天人五衰
Tennin Gosui
   4. A caída do anxo1970

Notaseditar

  1. Biografia pela The Internet Movie Database
  2. Naoki Inose & Hiroaki Sato, Persona: A Biography of Yukio Mishima (Naoki Inose, Hiroaki Sato) (Stone Bridge Pr 2012)
  3. Mishima, Yukio (1957). わが思春期 [My Puberty] (en Japanese). Myōjō, Shueisha. 
  4. 4,0 4,1 Artigo no jornal ingles “The Guardian”
  5. "Nomination Database: Yukio Mishima". Nobel prize. Consultado o 12-5-2016. 
  6. Nobel Prize Organization
  7. Mishima, Yukio; O Hagakure; A Ética dos Samurais; (1987); p 9; Editora Rocco ltda.
  8. Biografía de Yukio Mishima
  9. Nathan, John. Mishima: A biography, Little Brown and Company: Boston/Toronto, 1974.
  10. Dende Xapón ao Carballiño coa maleta chea de libros e de lembranzas

Véxase taméneditar

Ligazóns externaseditar

🔥 Top keywords: Segunda guerra mundialPortadaÁcido desoxirribonucleicoVirusRepública Popular da ChinaMetabolismoRosa LuxemburgEspecial:Cambios recentesEspecial:ProcurarDallas MavericksMódulo:ArgumentosAngkor WatCarles PuigdemontFernão de MagalhãesBaltimoreBaike: Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIComunismoIslamRakel WinchesterCapitalismoAntigo ExiptoComunistaAmérica do NorteBaike: A Taberna (políticas)LiberalLiberalismoDistritos de PortugalNoelia ReyDemocraciaMacedonia do NorteFísicaManuel MongeThe ArtistPolíticaBaike: Lista de artigos que toda Wikipedia debería terFilipe II de EspañaBermudasDitaduraCaso Asunta BasterraNacionalismoProxyMarianneEstados Unidos de AméricaMesopotamiaImperio españolAnálise numéricaAirbus A350Baike: Lista de mulleres con artigo na Wikipedia en galegoHerculanoBélxicaRichard SerraCarlos X de FranciaTeobrominaUsuario:Wikiportas/Manuel Buceta del VillarReloxoBilbaoTom HanksAno (astronomía)Lingua romancheArenqueDavid BroncanoMitocondria22ª edición dos Premios Mestre MateoBaike: AxudaPosicións sexuaisEdiciones AgoeiroXúpiterIlyushin Il-76Ángel Alvariño SaavedraGaliciaAWStatsFátima PegoMarxistaMarxismoRaquel AtanesCanle (comunicación)Baike: Acerca deBaike: Portal da comunidadeBaike: Artigos de calidadeMáximo común divisorMaría JamardoGran DepresiónImperialismoPedro RieloCategoría:Mestres de GaliciaMalariaTesalónicaAxuda:Cambios relacionadosCulturaKarl MarxBaike: Libro de estiloBaike: Lista de mulleres de Cataluña segundo WikidataJorge C. AlonsoAeroporto de Newark LibertyBaike: Lista de persoas nadas na provincia da Coruña segundo WikidataFroufe, O IrixoGran Premio do Canadá de 2014Sacro Imperio Romano XermánicoBaike: Actualidade