Xoiaría

A xoiaría[1] é a arte e oficio de traballar materiais para crear xoias. É tamén o taller dun xoieiro ou a tenda onde venden os produtos. As xoias son ornamentais obxectos traídos por persoas físicas, normalmente feitos con pedras preciosas e metais preciosos. Porén, as xoias poden facerse de case calquera tipo de material. Por moitos séculos, o metal, combinado con xemas, foi o material máis empregado para a xoiaría, pero outros materiais como as cunchas e as plantas tamén foron usados. Crese que os artefactos arqueolóxicos con máis de 100 000 anos de antigüidade feitos de cunchas de Nassarius poderían ser as formas de xoiaría máis antigas da historia.[2] Polo xeral, cando non inclúe moitos metais preciosos puros, xemas nobres ou outros materiais preciosos, o produto é chamado de bixutería e pode ser de alta calidade, pero a un prezo máis baixo.

Broche de Tara, arte celta irlandés do ano 700, aproximadamente, no Museo Nacional de Irlanda.

Algunhas culturas teñen o hábito de almacenar grandes cantidades de mercadorías en forma de xoias. A xoia pode tamén ser simbólica, como no caso dos cristiáns vestindo un crucifixo en forma dunha xoia, pode servir de amuleto,[3][4] ou, no caso de moitas culturas occidentais, os casados levan un anel de voda.

As xoias en varias formas foron feitas e levadas por ambos os sexos en case todas (se non todos) as culturas da humanidade, en cada un dos continentes. Os ornamentos persoais parecen ser unha tendencia humana básica.[5]

Notaseditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xoiaría.
  2. Study reveals 'oldest jewellery', BBC News, 22 de xuño de 2006.
  3. Morris, Desmond. Body Guards: Protective Amulets and Charms. Element, 1999, ISBN 1-86204-572-0.
  4. Kunz, PhD, DSc, George Frederick (1917). Magic of Jewels and Charms. John Lippincott Co. 
  5. Holland, J. 1999. The Kingfisher History Encyclopedia. Kingfisher books.

Véxase taméneditar

Bibliografíaeditar

  • Borel, F. 1994. The Splendor of Ethnic Jewelry: from the Colette and Jean-Pierre Ghysels Collection. New York: H.N. Abrams (ISBN 0-8109-2993-7).
  • Evans, J. 1989. A History of Jewellery 1100–1870 (ISBN 0-486-26122-0).
  • LaGamma, Alisa (1991). Metropolitan jewelry. Nova York: The Metropolitan Museum of Art. ISBN 0870996169. 
  • Nemet-Nejat, Karen Rhea 1998. Daily Life in Ancient Mesopotamia. Westport, CT: Greenwood Press (ISBN 0-313-29497-6).
  • Tait, H. 1986. Seven Thousand Years of Jewellery. London: British Museum Publications (ISBN 0-7141-2034-0).
🔥 Top keywords: Segunda guerra mundialPortadaÁcido desoxirribonucleicoVirusRepública Popular da ChinaMetabolismoRosa LuxemburgEspecial:Cambios recentesEspecial:ProcurarDallas MavericksMódulo:ArgumentosAngkor WatCarles PuigdemontFernão de MagalhãesBaltimoreBaike: Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIComunismoIslamRakel WinchesterCapitalismoAntigo ExiptoComunistaAmérica do NorteBaike: A Taberna (políticas)LiberalLiberalismoDistritos de PortugalNoelia ReyDemocraciaMacedonia do NorteFísicaManuel MongeThe ArtistPolíticaBaike: Lista de artigos que toda Wikipedia debería terFilipe II de EspañaBermudasDitaduraCaso Asunta BasterraNacionalismoProxyMarianneEstados Unidos de AméricaMesopotamiaImperio españolAnálise numéricaAirbus A350Baike: Lista de mulleres con artigo na Wikipedia en galegoHerculanoBélxicaRichard SerraCarlos X de FranciaTeobrominaUsuario:Wikiportas/Manuel Buceta del VillarReloxoBilbaoTom HanksAno (astronomía)Lingua romancheArenqueDavid BroncanoMitocondria22ª edición dos Premios Mestre MateoBaike: AxudaPosicións sexuaisEdiciones AgoeiroXúpiterIlyushin Il-76Ángel Alvariño SaavedraGaliciaAWStatsFátima PegoMarxistaMarxismoRaquel AtanesCanle (comunicación)Baike: Acerca deBaike: Portal da comunidadeBaike: Artigos de calidadeMáximo común divisorMaría JamardoGran DepresiónImperialismoPedro RieloCategoría:Mestres de GaliciaMalariaTesalónicaAxuda:Cambios relacionadosCulturaKarl MarxBaike: Libro de estiloBaike: Lista de mulleres de Cataluña segundo WikidataJorge C. AlonsoAeroporto de Newark LibertyBaike: Lista de persoas nadas na provincia da Coruña segundo WikidataFroufe, O IrixoGran Premio do Canadá de 2014Sacro Imperio Romano XermánicoBaike: Actualidade