Wiki Baike:Preguntas máis frecuentes

Preguntas máis frecuentes sobre a Wikipedia
Atallos:
WP:FAQ
WP:PMF

Esta é unha lista das preguntas máis frecuentes que os usuarios novos poden ter sobre como usar e contribuír na Wikipedia. Se a túa dúbida non está respondida nestas páxinas de axuda, podes deixar unha mensaxe na sección "axuda" da Taberna.

Como edito unha páxina?editar

Editar unha páxina é sinxelo, só tes que facer clic na lapela "Editar" na parte superior da páxina ou nas ligazóns de editar das cabeceiras das seccións. Isto leva a unha nova páxina cunha caixa de edición onde se poden facer os cambios ao texto. Ao rematar a edición cómpre escribir un breve resumo de edición no campo baixo a caixa de edición describindo os cambios feitos.

Como creo unha páxina nova?editar

Non é necesario ter unha conta rexistrada na Wikipedia para crear un artigo. Non obstante, é recomendable facela dado que achega algúns beneficios, descritos na páxina Baike: Como rexistrarse.
Para crear un novo artigo, bótalle unha ollada ás recomendacións expostas en Baike: Como crear unha páxina.

Por que borrastes o meu artigo?editar

O mellor xeito de atopar o motivo é mirando o rexistro de borrados (escribe o nome exacto do artigo na caixa "Título:", con distinción entre maiúsculas e minúsculas).

Como troco o nome dun artigo?editar

Para trasladar o artigo, usa o botón "mover". Cómpre ter unha conta de usuario rexistrada de máis de catro días con polo menos dez edicións. Se aínda non es un usuario autoconfirmado, o traslado pode traer controversias ou a páxina que desexas renomear está protexida, solicítao en Baike: Taboleiro dos administradores/Problemas varios.

Como cambio o meu nome de usuario ou borro a miña conta?editar

Para cambiar o teu nome de usuario podes facer unha solicitude en Especial:GlobalRenameRequest. Os nomes de usuario non se poden borrar. Podes, non entanto, solicitar que a túa páxina de usuario sexa borrada incluíndo o marcador {{Lixo}} nela.

Cando se publicou a Wikipedia por vez última?editar

A Wiki Baike non é unha enciclopedia en papel. A base de datos en liña actualízase cada vez que un editor modifica unha páxina, polo que está en constante evolución.

Quen escribiu o artigo X na Wikipedia?editar

Case todos os artigos presentes na Wikipedia están escritos por varios editores, e non simplemente un só. Premendo na lapela "historial" que atoparás na parte superior de calquera artigo, irás parar ata unha lista de todos os colaboradores que construíron o artigo. Se tes intención de unirte a eles, podes botar un ollo antes á páxina Baike: Como comezar a colaborar.

A quen pertence a Wikipedia?editar

Véxase Baike: Preguntas máis frecuentes/Xeral#A quen pertence a Wikipedia? para obter máis detalles.

Por que hai problemas co acceso ao sistema?editar

Véxase Baike: Como rexistrarse#Como acceder ao sistema para obter máis detalles.

Hai dispoñibles contadores de estatísticas?editar

Existe un sitio, non mantido por Wikipedia, que permite ollar as visitas ás páxinas desde decembro de 2007. As listas das páxinas máis visitadas están dispoñibles aquí.
🔥 Top keywords: Segunda guerra mundialPortadaÁcido desoxirribonucleicoVirusRepública Popular da ChinaMetabolismoRosa LuxemburgEspecial:Cambios recentesEspecial:ProcurarDallas MavericksMódulo:ArgumentosAngkor WatCarles PuigdemontFernão de MagalhãesBaltimoreBaike: Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIComunismoIslamRakel WinchesterCapitalismoAntigo ExiptoComunistaAmérica do NorteBaike: A Taberna (políticas)LiberalLiberalismoDistritos de PortugalNoelia ReyDemocraciaMacedonia do NorteFísicaManuel MongeThe ArtistPolíticaBaike: Lista de artigos que toda Wikipedia debería terFilipe II de EspañaBermudasDitaduraCaso Asunta BasterraNacionalismoProxyMarianneEstados Unidos de AméricaMesopotamiaImperio españolAnálise numéricaAirbus A350Baike: Lista de mulleres con artigo na Wikipedia en galegoHerculanoBélxicaRichard SerraCarlos X de FranciaTeobrominaUsuario:Wikiportas/Manuel Buceta del VillarReloxoBilbaoTom HanksAno (astronomía)Lingua romancheArenqueDavid BroncanoMitocondria22ª edición dos Premios Mestre MateoBaike: AxudaPosicións sexuaisEdiciones AgoeiroXúpiterIlyushin Il-76Ángel Alvariño SaavedraGaliciaAWStatsFátima PegoMarxistaMarxismoRaquel AtanesCanle (comunicación)Baike: Acerca deBaike: Portal da comunidadeBaike: Artigos de calidadeMáximo común divisorMaría JamardoGran DepresiónImperialismoPedro RieloCategoría:Mestres de GaliciaMalariaTesalónicaAxuda:Cambios relacionadosCulturaKarl MarxBaike: Libro de estiloBaike: Lista de mulleres de Cataluña segundo WikidataJorge C. AlonsoAeroporto de Newark LibertyBaike: Lista de persoas nadas na provincia da Coruña segundo WikidataFroufe, O IrixoGran Premio do Canadá de 2014Sacro Imperio Romano XermánicoBaike: Actualidade