Wiki Baike:Borrar

Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices.

Na operación diaria da Wiki Baike, gran cantidade de artigos bórranse cada día. É posible para calquera usuario baleirar unha páxina. Cando iso ocorre o contido orixinal mantense dispoñible no historial de edicións da páxina para que outros usuarios poidan recuperalo se así o desexan. Cando as páxinas se borran, iso elimina non só a versión actual, senón tamén as versións previas.

Só os administradores teñen a posibilidade de borrar e recuperar páxinas borradas no sistema. Vostede pode estar seguro de que os administradores seguen o proceso detallado abaixo antes de tomar unha decisión.

As páxinas borradas poden ser recuperadas polos administradores. Se se produce un borrado accidental, é relativamente sinxelo restablecer o contido perdido.

Os administradores deben actuar con prudencia sendo conscientes do poder que ostentan. En caso de dúbida... non borre!

Procedemento para borrareditar

Se a páxina non encaixa nas categorías expostas en eliminación rápida, entón non poden borrarse sen antes pasar sete días en Baike: Votacións para borrar.

Que facer cando hai un problema nunha páxina, imaxe ou categoría?editar

Realmente a páxina corresponde a Votacións para borrar? Lea as seguintes dúas táboas para saber que facer cando xurda un problema.

Problemas polos que non se necesita borrar a páxina
ProblemaSoluciónEngada este marcador
Artigo escrito nunha lingua estranxeira.
Engadir na lista Baike: Traducir.{{Nongalego}}
Unha rama menor dun tema que non merece un artigo independente.
Combinar o contido útil nun artigo máis apropiado e redirixir á páxina orixinal. 
Artigos con información repetida nalgún outro artigo.
Combine e redirixa. Se vostede non acaba de saber como facelo, póñao na lista Baike: Artigos duplicados e engada o marcador da dereita.{{Fusión|artigo}}
O artigo necesita moitas melloras e traballo de reescritura.Na lista Baike: Artigos con problemas. 
Dous ou máis temas teñen o mesmo nome.
Cree unha páxina de homónimos.{{Homónimos}}
Vandalismo ou erros e inexactitudes.
Revirta e mencióneo en Baike: Taboleiro dos administradores/Vandalismo. 
Problemas que implican borrar a páxina
ProblemaSoluciónEngada este marcador
  • Materiais orixinais.
  • Páxinas de usuario inapropiadas.
  • Vaidade persoal.
  • Publicidade ou spam.
  • Falta de potencial para convertese nun artigo enciclopédico.
  • Un asunto completamente extravagante.
Propoñer en Baike: Votacións para borrar.{{Vpb}}
Definicións de dicionario
Na lista Baike: Mover ao Wikcionario.{{Wikt}}
O artigo é un texto orixinal.
Mover o texto ao Wikisource.{{Source}}
Páxina de usuario inapropiada.
Fale co usuario e, se iso non funciona, volva aquí. 
O artigo está proposto para unha eliminación rápida.
Engadir á Categoría:Wikipedia:Limpar (Poñendo o marcador da dereita na páxina é suficiente).{{lixo}} ou {{lixo|motivo}}

Mensaxe "Proposto para borrar"editar

Cando inclúa unha páxina en Baike: Votacións para borrar, resulta conveniente e cortés poñer un aviso para que os usuarios coñezan que está proposta para borrar. A forma suxerida é engadir o marcador {{vpb}} por riba do contido, facendo que a páxina sexa engadida automaticamente á categoría Borrar e facendo tamén que se amose a seguinte mensaxe:

Con isto evítase que os lectores non saiban ou descoñezan o que está sucedendo.

  • Esta mensaxe non é precisa para páxinas que:
  1. Non teñan contido (como unha redirección).
  2. Non teñan un historial significativo. Véxase eliminación inmediata para páxinas que non requiran pasar polo proceso Baike: Votacións para borrar.

Comentar unha proposta de eliminacióneditar

Cando calquera usuario propón un artigo para borrar nunha das listas, calquera outro pode engadir un comentario á petición. Ao expresar unha opinión, por favor inclúa a súa opinión, as súas razóns, e asine e poña a data con ~~~~ (están dispoñibles na parte superior e inferior da caixa de edición). Antes dos comentarios debe ir algún destes marcadores:

  • Tamén pode expresar outras opinións sobre as accións que se deberían tomar como:

Teña en conta que combinar con [[outro artigo]] e borrar só é unha opción válida se a información do autor do contido se conserva dalgún xeito.

Política de borradoeditar

Para solicitar que unha páxina (ou imaxe) sexa permanentemente borrada, a petición feita en Baike: Votacións para borrar, e os votos e comentarios sobre a páxina teñen que facerse de boa fe. Ao cabo de sete días, se existe un consenso sólido (en torno a unha maioría de 2/3), a páxina bórrase. En caso contrario a páxina permanece. A páxina tamén permanece se as razóns que fixeron que estivese proposta para suprimir xa non existen.

Se vostede sospeita que un voto procede dun usuario con identidades múltiples ou outro participante non válido, rexístreo como un comentario xunto cos enlaces precisos. O administrador que revise a discusión investigará e decidirá se se toma en conta o voto ou non. Aínda que sexa así non quite vostede ningún voto para evitar discusións inútiles.

🔥 Top keywords: Segunda guerra mundialPortadaÁcido desoxirribonucleicoVirusRepública Popular da ChinaMetabolismoRosa LuxemburgEspecial:Cambios recentesEspecial:ProcurarDallas MavericksMódulo:ArgumentosAngkor WatCarles PuigdemontFernão de MagalhãesBaltimoreBaike: Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIComunismoIslamRakel WinchesterCapitalismoAntigo ExiptoComunistaAmérica do NorteBaike: A Taberna (políticas)LiberalLiberalismoDistritos de PortugalNoelia ReyDemocraciaMacedonia do NorteFísicaManuel MongeThe ArtistPolíticaBaike: Lista de artigos que toda Wikipedia debería terFilipe II de EspañaBermudasDitaduraCaso Asunta BasterraNacionalismoProxyMarianneEstados Unidos de AméricaMesopotamiaImperio españolAnálise numéricaAirbus A350Baike: Lista de mulleres con artigo na Wikipedia en galegoHerculanoBélxicaRichard SerraCarlos X de FranciaTeobrominaUsuario:Wikiportas/Manuel Buceta del VillarReloxoBilbaoTom HanksAno (astronomía)Lingua romancheArenqueDavid BroncanoMitocondria22ª edición dos Premios Mestre MateoBaike: AxudaPosicións sexuaisEdiciones AgoeiroXúpiterIlyushin Il-76Ángel Alvariño SaavedraGaliciaAWStatsFátima PegoMarxistaMarxismoRaquel AtanesCanle (comunicación)Baike: Acerca deBaike: Portal da comunidadeBaike: Artigos de calidadeMáximo común divisorMaría JamardoGran DepresiónImperialismoPedro RieloCategoría:Mestres de GaliciaMalariaTesalónicaAxuda:Cambios relacionadosCulturaKarl MarxBaike: Libro de estiloBaike: Lista de mulleres de Cataluña segundo WikidataJorge C. AlonsoAeroporto de Newark LibertyBaike: Lista de persoas nadas na provincia da Coruña segundo WikidataFroufe, O IrixoGran Premio do Canadá de 2014Sacro Imperio Romano XermánicoBaike: Actualidade