Lingua kven

O kven é unha variedade do conxunto dialectal peräpohjola do finlandés que falan en Noruega os kvens e que está recoñecido como lingua, por razóns políticas e históricas [1], minoritaria polo goberno noruegués desde o ano 2005 aplicándolle a parte II da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias o que é visto como insuficiente por organizacións defensoras do kven [2]. Estímase o número de falantes entre 2000 e 8000; non obstante, o seu uso entre a xente nova é moi reducido, polo que se considera que está seriamente ameazada de extinción. O kven incorporou moitas palabras norueguesas e mantén formas arcaicas do finlandés.

Zonas de poboamento kven

Historia e distribución xeográficaeditar

Os primeiros testemuños escritos de asentamentos kven no norte do que hoxe é Noruega datan de 1520 pero a partir do comezo do século XVIII aumentaron o seu número, nun primeiro período ata 1820 establecéronse comunidades agrícolas no oeste de Finmark e no norte de Troms, nun segundo período entre 1820-1890 as comunidades, máis ligadas á minería e á pesca establecéronse no leste de Finmark, e o terceiro período foi de 1890 a 1930. Existen nese territorio inmigrantes finlandeses que emigraron con posterioridade pero xa non son considerados kven [3]

No século XXI a maioría dos falantes de kven localízanse no nordeste de Noruega, nas localidades de Bugøynes, Neiden, Vestre Jakobselv,Vadsø e Børselv. Hai uns poucos falantes de idade nos concellos de Nordreisa e Storfjord.

Recoñecemento como linguaeditar

Tradicionalmente en noruegués denominábase ás falas finesas do seu territorio kvænsk språk e era en orixe de carácter pexorativo [4], esas falas carecían de forma escrita pero a mediados da década de 1970 o lingüista kven Terje Aronsen comezou o proceso de recuperación e revitalización das falas kven como unha modalidade propia, relacionada pero diferente do finlandés estándar[5], que non se basea en ningún dialecto en particular senón que ten elementos de varios e mesmo regras gramaticais e léxico que non está presente en ningún dialecto, co nome de lingua kvena (kväävin kielen), que ao primeiro atopou oposición pero que adoptou a revista Ruijan Kaiku e que acabou popularizándose entre os kvens e finalmente o goberno noruegués recoñeceu en 2005 o kven como unha lingua independente pero aínda así permanece nunha situación precaria [6].

Statuseditar

Instituto Kven

Desde 1860 o goberno noruegués intentou asimilar os kvens, prohibindo o uso da súa lingua nas escolas e na administración, e norueguizando os seus nomes e topónimos. A partir de 1969 permitiuse o ensino voluntario do finlandés, e nese marco comezou a se ensinar dentro da materia tamén a variedade kven no ensino primario, situación que se mantivo despois do recoñecemento do kven como lingua diferenciada. Desde o curso 2006 pódese estudar a lingua e cultura kven na Universidade de Tromsøe para a súa utilización polos alumnos Eira Söderholm escribiu a primeira gramática [7] A Asociación Kven de Noruega (Ruijan Kveeniliitto) é moi activa na reivindicación e promoción do kven, e organiza cursos para adultos nos seus centros locais. Logo do seu recoñecemento oficial en 2005 estableceuse o Instituto Kven aínda que non estivo totalmente operativo ata 2007, e que é un centro nacional para a lingua e cultura Kven que ten a súa sede en Børselv. Forman parte do Instituto o Consello da Lingua Kven, un órgano consultivo formado por lingüistas encargado de formular un estándar para o kven que ten que refrendar a Asemblea da Lingua Kven no que están representados os falantes.

Mediaeditar

Ruijan Kaiku é unha publicación que se edita desde 1995 dirixida á comunidade kven, a metade de cada número é en noruegués, un cuarto en finlandés e o outro cuarto en kven. Ao primeiro tiña carácter quincenal pero por problemas financeiros agora é mensual, de formato tabloide cada número conta con oito páxinas e tiña 530 subscritores en 2012. Existe un programa semanal de 12 minutos de radio na NRK en finlandés que inclúe irregularmente contido en kven. Tamén existe un anuario con artigos académicos, Arina.

Literaturaeditar

Hai unha rica literatura tradicional oral, que consiste en poesía popular, contos, lendas, cancións, ademais de aparecer en xornais, revistas e traballos etnográficos. A partir da década de 1980 aparecen antoloxías publicadas por autores kven, en 1987 Olav Beddari Niin saapi sanoa con textos tradicionais, en 1994 Reidun Mellem Ei hiva tøtta: Ei sam- ling kventekstar con textos de diversos autores, e en 1995 Ruijan laulukirja onde Bjørnar Seppola e Terje Aho recollen psalmos e cancións tradicionais pero é Alf Nilsen- Børsskog o que puxo os alicerces da literatura kven ao publicar en 2004 a novela Kuosuvaaran Takana, escrita algúns anos antes, unha historia épica kven situada na segunda guerra mundial, seguíronlle Aittiruto e Rauha (2011) e os libros de poesía Muistoin maila (2008), Älä unheeta minnuu (2010), Poiminttoi (2010) e Korrui tien varrela (2010). No ano 2011 Agnes Eriksen publicou os dous primeiros libros infantís en kven.

Fonoloxíaeditar

A fonoloxía do kven é practicamente a mesma do finlandés pero mentres o finlandés estándar substituíu /ð/ por /d/, o kven mantívoo.

Vogaiseditar

O kven conta con 16 vogais:

AnteriorPosterior
Non redondeadaRedondeadaNon redondeadaRedondeada
Pechadai iːy yːu uː
Mediae eːø øːo oː
Case abertaæ æː
Abertaɑ ɑː

Na escrita, a vogal longa indícase dobrando a letra, e.g. <yy> /yː/ e <öö> /øː/. Os grafemas que representan /ø/, /æ/ e /ɑ/ son <ö>, <ä> e <a>, respectivamente.

Consoanteseditar

O kven conta con 14 consoantes presentes no seu léxico patrimonial, e catro máis que só aparecen en préstamos:

BilabialLabiodentalDentalAlveolarPostalveolarPalatalVelarGlotal
Nasalmnŋ
Oclusivaxordaptk
sonorabdɡ
Fricativaxordafsʃh
sonorað
vibranter
Aproximanteʋlj

/b, d, ɡ, ʃ/ só se atopan en préstamos.

/ʋ/ e /ʃ/ represéntanse na escrita como <v> e <š>, respectivamente.

/ð/ represéntase na escrita como <ð> ou <đ>.

/ŋ/ represéntase na escrita como <n> se segue /k/, e <ng> se é xeminada, p.e. <nk> /ŋk/ e <ng> /ŋː/

A xeminación indícase na escrita dobrando a letra, p.e. <mm> para /mː/ e <ll> para /lː/

Notaseditar

  1. Pia Lane "The birth of the Kven language in Norway: emancipation through state recognition"International Journal of the Sociology of Language.Volume 2011, Issue 209, Pages 57–74
  2. "Alternative report from the Norwegian Kveni Association/Ruijan Kveeniliitto (2005)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de abril de 2012. Consultado o 10 de marzo de 2013. 
  3. Anna Riita Lindgren "Linguistic variation and the historical sociology of multilingualism in Kven communities" in Ernst Håkon JahLanguage Change: Advances in Historical Sociolinguistics Walter de Gruyter, 1999
  4. Clive Archer e Pertti Joenniemi The Nordic Peace (2003) Ashgate Publishing, páx. 183
  5. Carl A. Grant e Joy L. Le Global Constructions of Multicultural Education: Theories and Realities (2001) Routledge, páx. 145
  6. European Charter for Regional or Minority Languages – b. Fifth report of the Committee of Experts in respect of Norway
  7. "Enikő Molnár Bodrogi: Strategies of language revitalization in Scandinavia. Journal of. Linguistic and Intercultural Education. 2008/1, 123-131" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de agosto de 2017. Consultado o 10 de marzo de 2013. 

Véxase taméneditar

Ligazóns externaseditar

🔥 Top keywords: Segunda guerra mundialPortadaÁcido desoxirribonucleicoVirusRepública Popular da ChinaMetabolismoRosa LuxemburgEspecial:Cambios recentesEspecial:ProcurarDallas MavericksMódulo:ArgumentosAngkor WatCarles PuigdemontFernão de MagalhãesBaltimoreBaike: Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIComunismoIslamRakel WinchesterCapitalismoAntigo ExiptoComunistaAmérica do NorteBaike: A Taberna (políticas)LiberalLiberalismoDistritos de PortugalNoelia ReyDemocraciaMacedonia do NorteFísicaManuel MongeThe ArtistPolíticaBaike: Lista de artigos que toda Wikipedia debería terFilipe II de EspañaBermudasDitaduraCaso Asunta BasterraNacionalismoProxyMarianneEstados Unidos de AméricaMesopotamiaImperio españolAnálise numéricaAirbus A350Baike: Lista de mulleres con artigo na Wikipedia en galegoHerculanoBélxicaRichard SerraCarlos X de FranciaTeobrominaUsuario:Wikiportas/Manuel Buceta del VillarReloxoBilbaoTom HanksAno (astronomía)Lingua romancheArenqueDavid BroncanoMitocondria22ª edición dos Premios Mestre MateoBaike: AxudaPosicións sexuaisEdiciones AgoeiroXúpiterIlyushin Il-76Ángel Alvariño SaavedraGaliciaAWStatsFátima PegoMarxistaMarxismoRaquel AtanesCanle (comunicación)Baike: Acerca deBaike: Portal da comunidadeBaike: Artigos de calidadeMáximo común divisorMaría JamardoGran DepresiónImperialismoPedro RieloCategoría:Mestres de GaliciaMalariaTesalónicaAxuda:Cambios relacionadosCulturaKarl MarxBaike: Libro de estiloBaike: Lista de mulleres de Cataluña segundo WikidataJorge C. AlonsoAeroporto de Newark LibertyBaike: Lista de persoas nadas na provincia da Coruña segundo WikidataFroufe, O IrixoGran Premio do Canadá de 2014Sacro Imperio Romano XermánicoBaike: Actualidade