Caria

País do sueste da Asia Menor antiga

Caria foi un país do sueste da Asia Menor, habitado polos carios.

Posición de Caria en Asia Menor.

Abrazaba a cunca media e baixa do río Meandro, limitando ao noroeste con Frixia (Carura formaba o límite), ao nordeste cos montes Cadmos; ao leste co río Indos (o punto máis oriental era Daedala), e ao sur e oeste o mar. Na costa había algunhas posesións de Rodas (Perea e un territorio ao sur de Cnidos) e talvez algunha cidade grega. Ao sur vivían os caunios, con capital en Caunos; este pobo Herodoto considerábao nativo do país, pero engade que eles mesmos dicían que eran descendentes dos cretenses; vestían diferentes dos carios e doutros pobos e falaban unha lingua diferente ao cario; como Herodoto era nativo de Caria é preciso supoñer que a información sobre lingua e vestidos era boa. Herodoto di que Mileto e Micala serían antigamente carias.

Os carios eran talvez un pobo autóctono, pero a lenda de Creta di que antigamente vivían nas illas do mar Exeo, que se dedicaban á pirataría, e que serían sometidos por Minos de Creta e logo expulsados para a costa continental por dorios e xonios. Entón chamábanse lélexes. Tucídides di que cando os atenienses sacaron os cadáveres de Delos, a metade eran carios que serían recoñecidos polo seu armamento e serían enterrados de acordo ao seu costume.

O establecemento dos xonios desprazou aos carios de Mileto e Micala. Preto desta última fundouse Priene. Os dorios establecéronse en Cnidos e Tropia e expulsaron os carios de Halicarnaso. Na mesma época Rodas apoderouse dalgúns territorios costeiros, pero boa parte da costa debía de seguir en mans dos carios pois no -480 achegaron 70 barcos á frota de Xerxes I de Persia, mentres que as cidades dorias tan só achegaron 30.

As pequenas cidades de Caria (komai) vivían nunha especie de confederación. A súa capital, é dicir, o lugar onde se reunían os delegados das cidades, estaba no interior, no lugar onde máis tarde se fundou Estratónice, onde estaba o templo de Zeus Crisáreos, do nome do cal a federación chamouse Crisarea. Tamén tiñan un templo a Zeus Stratios que estaba en Labranda.

Os carios pertenceron ao reino de Lidia e, despois da conquista persa do reino, foron súbditos do Imperio de Ciro II o grande. Darío I o grande incluíu o país na primeira satrapía con Licia e outros. O -499 participaron na revolta de Xonia e resistiron aos persas. Libraron unha gran batalla ao sur do Meandro á beira do río Marsyas, na que serían derrotados, pero os persas tiveron moitas baixas. Nunha segunda batalla que libraron xunto cos milesios, volveron a seren derrotados. Pero o comandante persa Daurises sufriu unha emboscada preparada polo xefe cario Heracleides de Milasa, un grego: o xefe persa foi sorprendido unha noite e morreu xunto aos seus homes. Despois da conquista de Mileto por Persia o -494 as cidades carias sometéronse, primeiro só algunhas pero finalmente seguiron todas.

Os persas estableceron un goberno dirixido por un sátrapa e un subsátrapa, que de feito se volveron independentes. Residiron en Halicarnaso. Artemisia, a filla de Lígdamis e dunha muller de Creta, salientou á fronte das forzas de Caria ao servizo de Persia e tomou parte na batalla de Salamina.

Sátrapas de Cariaeditar

Reis de Cariaeditar

O -334 foi conquistada por Alexandre. Sábese que cos seléucidas funcionaba a Liga Crisórea, continuación da antiga confederación Caria, da que hai noticias ata sobre o -150. Derrotados os seléucidas o -190, no tratado de Apamea do -189 os romanos repartiron o país entre os seus aliados: Eumenes de Pérgamo recibiu a chamada Caria Hidrela (a parte do país próxima a Frixia) coas fortalezas e cidades do Meandro menos as cidades que con Antíoco eran cidades libres; aos rodios déuselles a parte costeira e unha parte próxima a Psidia, igualmente con excepción das cidades libres. A parte dos rodios foi confiscada por Roma despois da vitoria sobre o rei Perseo de Macedonia (-168) e erixida en territorio independente formado por cidades, ata que o -129 foi formalmente incorporado á provincia de Asia menos Perea que permaneceu en mans dos rodios. Sila ademais deu a Rodas a rexión dos caunios con Caunos (Caunus). A capital neste tempo foi Milasa.

🔥 Top keywords: Segunda guerra mundialPortadaÁcido desoxirribonucleicoVirusRepública Popular da ChinaMetabolismoRosa LuxemburgEspecial:Cambios recentesEspecial:ProcurarDallas MavericksMódulo:ArgumentosAngkor WatCarles PuigdemontFernão de MagalhãesBaltimoreBaike: Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIComunismoIslamRakel WinchesterCapitalismoAntigo ExiptoComunistaAmérica do NorteBaike: A Taberna (políticas)LiberalLiberalismoDistritos de PortugalNoelia ReyDemocraciaMacedonia do NorteFísicaManuel MongeThe ArtistPolíticaBaike: Lista de artigos que toda Wikipedia debería terFilipe II de EspañaBermudasDitaduraCaso Asunta BasterraNacionalismoProxyMarianneEstados Unidos de AméricaMesopotamiaImperio españolAnálise numéricaAirbus A350Baike: Lista de mulleres con artigo na Wikipedia en galegoHerculanoBélxicaRichard SerraCarlos X de FranciaTeobrominaUsuario:Wikiportas/Manuel Buceta del VillarReloxoBilbaoTom HanksAno (astronomía)Lingua romancheArenqueDavid BroncanoMitocondria22ª edición dos Premios Mestre MateoBaike: AxudaPosicións sexuaisEdiciones AgoeiroXúpiterIlyushin Il-76Ángel Alvariño SaavedraGaliciaAWStatsFátima PegoMarxistaMarxismoRaquel AtanesCanle (comunicación)Baike: Acerca deBaike: Portal da comunidadeBaike: Artigos de calidadeMáximo común divisorMaría JamardoGran DepresiónImperialismoPedro RieloCategoría:Mestres de GaliciaMalariaTesalónicaAxuda:Cambios relacionadosCulturaKarl MarxBaike: Libro de estiloBaike: Lista de mulleres de Cataluña segundo WikidataJorge C. AlonsoAeroporto de Newark LibertyBaike: Lista de persoas nadas na provincia da Coruña segundo WikidataFroufe, O IrixoGran Premio do Canadá de 2014Sacro Imperio Romano XermánicoBaike: Actualidade