Alfabeto cirílico

Alfabeto utilizado para escribir seis linguas eslavas

O cirílico é un alfabeto creado en Bulgaria no século IX, derivado da grafía uncial do grego aumentada con letras do alfabeto glagolítico, incluíndo algunhas ligaduras. Estas letras adicionais usáronse no antigo eslavo eclesiástico para sons que non existían no grego. O nome do alfabeto fai referencia aos irmáns bizantinos Cirilo e Metodio, quen crearon o máis antigo alfabeto glagolítico.[1] Os estudosos modernos cren que o cirílico foi desenvolvido e formalizado polos primeiros discípulos de Cirilo e Metodio, particularmente por Clemente de Ohrid, polo que o seu nome denota máis homenaxe ca autoría.

Alfabeto cirílico
TipoAlfabeto
LinguasRuso ucraíno belaruso serbio macedonio e búlgaro e outros, sobre todo faladas en Rusia
Creadorun misioneiro do Imperio Bizantino en Bulgaria (posibelmente san Clemente de Ohrid)
Sistemas
Sistemas correlatosAlfabeto glagolítico
Alfabeto latino
Alfabeto copto
Alfabeto armenio
Alfabeto xeorxiano
Código ISO 15924Cyrl, 220
UnicodeU+0400–U+04FF Cirílico
U+0500–U+052F Suplemento de cirílico
U+2DE0–U+2DFF Cirílico Extensión-A
Historia do alfabeto

Idade de Bronce Medio ss –XIX - -XV

Meroítico s. –III.
Xenealoxía completa
Monumento ao cirílico na Antártida.

O nome cirílico confunde con frecuencia a moita xente que non está familiarizada coa historia dos alfabetos, pois non identifica ao país de orixe (en contraste co "alfabeto grego"). Entre o público en xeral, é coñecido como "o alfabeto ruso" por ser esta lingua a máis influente e con máis falantes de entre as que basean o seu alfabeto na grafía cirílica. Algúns intelectuais búlgaros, especialmente Stefan Tsanev, preocupáronse do tema e suxeriron que o cirílico sexa, pola contra, chamado "alfabeto búlgaro", en prol da precisión histórica.[2] Nótese que aquí 'alfabeto' non é o mesmo que 'grafía' ou 'script' (por exemplo, a letra Її existe na grafía cirílica desde a súa invención e aínda é usada en ucraíno, mais non existe no alfabeto búlgaro moderno, isto é, no cirílico que se usa en Bulgaria), polo tanto, o nome adecuado debería realmente ser 'grafía búlgara' ou 'script búlgaro'.

O cirílico utilízase para escribir en varias linguas ao longo de Eurasia, sendo a base dos alfabetos de varias linguas eslavas, turcas, mongólicas e iranias, faladas en países da Europa Suroriental, Europa Oriental, a rexión do Cáucaso, Siberia, Asia Central e Asia Oriental.

En Bulgaria, Macedonia, Rusia, Serbia e Eslovaquia, o cirílico coñécese tamén como азбука (azbuka), nome derivado dos vellos nomes das tres primeiras letras da maioría dos alfabetos cirílicos (do mesmo xeito que o nome 'alfabeto' procede das dúas primeiras letras gregas, alpha e beta). Na lingua rusa, é frecuente referirse aos silabarios, especialmente ao kana xaponés, como "azbukas silábicos" no canto de "grafías silábicas".

Historiaeditar

Páxina do Азбука (Читанка), primeiro libro de texto ruteno, impreso por Ivan Fyodorov en 1574. Esta páxina mostra o alfabeto cirílico.

A escritura cirílica creouse durante o Primeiro Imperio Búlgaro.[3] No século IX o tsar búlgaro, Simeón I o Grande, seguindo a traxectoria cultural e política do seu pai Boris I, encargou a creación dun novo sistema de escrita, que substituiría ao alfabeto glagolítico, á Escola Literaria de Preslav. A tradición mantén que o cirílico e o glagolítico foron formalizados polos santos Cirilo e Metodio, que levaron o cristianismo aos eslavos do sur, e os seus discípulos.[1][4][5][6] Paul Cubberley afirma que aínda que Cirilo puido codificar e expandir o glagolítico, foron os seus estudantes, especialmente os santos Naum e Clemente, quen desenvolveron o cirílico a partir das letras gregas na década de 890 como unha escrita máis axeitada para os libros eclesiásticos.[3] O uso do alfabeto cirílico fíxose oficial no Primeiro Imperio Búlgaro en 893.[7][8][9] A súa primeira variante, o alfabeto cirílico primitivo, derívase das letras do alfabeto grego, ampliado con ligaduras e consoantes do antigo alfabeto glagolítico para sons que non tiña o grego. Posteriormente, o cirílico estendeuse entre outros pobos eslavos e os valacos non eslavos.

O cirílico e o glagolítico foron empregados para a lingua eslava eclesiástica, especialmente na variante do antigo eslavo eclesiástico. Expresións como "И é a décima letra cirílica" adoita referirse á orde do alfabeto eslavo eclesiástico; non todos os alfabetos cirílicos empregan todas as letras.

O alfabeto cirílico dominiou o glagolítico no século XII. A literatura producida en búlgaro antigo axiña se estendeu cara ao norte e converteuse na lingua franca dos Balcáns e de Europa oriental, onde pasou a ser convertido en eslavo eclesiástico antigo.[10][11][12][13][14] Durante moitos séculos, os católicos e musulmáns eslavos usaron o cirílico nas súas liturxias. Aínda hoxe, o alfabeto empregado pola lingua eslava na Igrexa Ortodoxa Oriental e nos ritos do Catolicismo Oriental lembra o cirílico primitivo.

Durante os seguintes séculos, o cirílico adaptouse aos cambios na lingua falada, converténdose na base dos alfabetos usados en varias linguas, especialmente nas dos eslavos ortodoxos e nas linguas non eslavas influenciadas polo ruso; e desenvolvendo variacións rexionais por mor de reformas académicas e decretos políticos. Exemplos destacados destas reformas lingüísticas son as reformas feitas en Serbia e en Rusia. O alfabeto cirílico serbio, atribuído a Vuk Stefanović Karadžić, suprimiu algúns grafemas que xa non se representaban na lingua vernácula e introduciu grafemas específicos (Љ Њ Ђ Ћ Џ Ј), distanciándose do alfabeto eclesiástico en uso antes da reforma. En Rusia, entre 1708 e 1710, o alfabeto cirílico foi amplamente reformado por Pedro o Grande, quen regresara recentemente da súa Grande Embaixada por Europa Occidental. As novas formas das letras, chamadas a Escrita civil, fixéronse máis próximas ás correspondentes do alfabeto latino; algunhas letras arcaicas foron eliminadas e o propio tsar deseñou outras novas. Fíxose distinción entre as maiúsculas e minúsculas e adoptouse tamén a cultura tipográfica da Europa Occidental.[15] As formas de letras anteriores á reforma, chamadas 'Полуустав', seguiron tendo un uso importante na Igrexa Eslava e aínda hoxe úsanse ás veces na lingua rusa, especialmente se se lle quere dar ao texto un estilo 'eslavo' ou 'arcaico'

Hoxe, uns 250 millóns de persoas nos Balcáns, Europa Oriental e Eurasia do norte, usan o cirílico como alfabeto oficial das súas linguas nacionais, dos que máis da metade utilizan a lingua rusa. Co ingreso de Bulgaria na Unión Europea o 1 de xaneiro de 2007, o cirílico converteuse no terceiro alfabeto oficial da Unión, uníndose aos alfabetos latino e grego.[16]

Alfabetos cirílicoseditar

Distribución do alfabeto cirílico.

Entre outros, o cirílico é a escrita estándar para as seguintes linguas:

A escrita cirílica tamén se empregou en linguas de Alasca,[19] a Europa eslava, o Cáucaso, Siberia e o Extremo Oriente ruso.

Noutras linguas, aínda que non é oficial, o seu uso segue a ter arraigo como no caso do uzbeko e o turcomán. O moldovo, a variedade do romanés oficial na República Socialista Soviética de Moldavia utilizou o alfabeto cirílico de forma oficial ata 1989. Na República de Transnistria, non recoñecida internacionalmente, o moldovo segue a utilizarse oficialmente co alfabeto cirílico. En Rusia, unha lei aprobada no ano 2002 prescribe que todas as linguas do país teñen que ser escritas no alfabeto cirílico, o que atopou unha forte oposición por parte do goberno e dos medios culturais tártaros, que avogan polo alfabeto latino.[20]

O primeiro alfabeto derivado do cirílico foi o abur, usado pola lingua komi. Outros alfabetos cirílicos inclúen o alfabeto molodtsov para a lingua komi e varios alfabetos para as linguas caucásicas.

Letraseditar

A grafía cirílica espallouse ao longo dos territorios eslavos orientais e algúns do sur, sendo adoitado para a escrita das linguas locais como o antigo eslavo oriental. A súa adaptación ás linguas locais produciu un número de alfabetos cirílicos como xa se dixo.

O Alfabeto cirílico arcaico[21][3]
АБВГДЕЖ[22]ИІКЛМНОПРСТОУ[23]Ф
ХѠЦЧШЩЪЪІ[24]ЬѢѤЮѪѬѦѨѮѰѲѴҀ[12]

Nos manuscritos antigos non se distingue entre letras maiúsculas e minúsculas.

Yeri (Ы) foi orixinariamente unha ligadura de Yer e I (Ъ + І). A iotización indicábase mediante ligaduras formadas coa letra І: Ꙗ (non é un antecesor do moderno Ya, Я, que se deriva de Ѧ), Ѥ, Ю (ligadura de І e ОУ), Ѩ, Ѭ. Ás veces usábanse indistintamente diferentes letras, por exemplo И = І = Ї. Tamén había variantes tipográficas como О = Ѻ, e era común o uso de ligaduras como ѠТ = Ѿ.

As letras tiñan tamén valores numéricos, baseados non na orde do alfabeto cirílico, senón herdados das súas antepasadas gregas.

Numerais cirílicos
123456789
АВГДЄЅЗИѲ
102030405060708090
ІКЛМНѮѺПЧ (Ҁ)
100200300400500600700800900
РСТѴФХѰѾЦ

O alfabeto cirílico arcaico e difícil de representar en ordenadores. Moitas das formas de letras difiren das correspondentes formas modernas, variando moito nos manuscritos e cambiando ao longo do tempo. Poucas fontes inclúen glifos suficientes para reproducir o alfabeto. De acordo coa política de Unicode, o estándar non inclúe variacións de forma de letra nin ligaduras atopadas en fontes manuscritas a menos que se poida demostrar que se axustan á definición Unicode dun carácter.

O estándar Unicode 5.1, lanzado o 4 de abril de 2008, mellora notablemente o soporte computacional para o cirílico arcaico e a moderna lingua eslava eclesiástica. A familia de fontes Segoe IU, usadas por Microsoft nas súas aplicacións, é notable por ter soporte completo para as letras do cirílico arcaico desde Windows 8.

Letras do alfabeto cirílico
А
A
Б
Be
В
Ve
Г
Ge
Ґ
Ghe
Д
De
Ђ
Dje
Ѓ
Gje
Е
Ye
Ё
Yo
Є
Ye ucraíno
Ж
Zhe
З
Ze
Ѕ
Dze
И
I
І
I ucraíno
Ї
Yi
Й
I curto
Ј
Je
К
Ka
Л
El
Љ
Lje
М
Em
Н
En
Њ
Nje
О
O
П
Pe
Ҁ
Koppa*
Р
Er
С
Es
Т
Te
Ћ
Tshe
Ќ
Kje
У
U
Ў
U curto
Ѹ
Uk*
Ф
Ef
Х
Kha
Ѡ
Omega*
Ѿ
Ot*
Ц
Tse
Ч
Che
Џ
Dzhe
Ш
Sha
Щ
Shcha
Ъ
Yer
Ы
Yery
Ь
Signo brando
Ѣ
Yat*
Э
E
Ю
Yu
Я
Ya
ІА
A iotificado*
Ѥ
E iotificado*
Ѧ
Yus pequeno*
Ѫ
Yus grande*
Ѩ
Yus pequeno iotificado*
Ѭ
Yus grande iotificado*
Ѯ
Ksi*
Ѱ
Psi*
Ѳ
Fita*
Ѵ
Izhitsa*
Ѷ
Izhitsa okovy*
Ӏ
Palochka

* letras arcaicas

Notaseditar

  1. 1,0 1,1 Columbia Encyclopedia, Sixth Edition. 2001–05, s.v. "Cyril and Methodius, Saints"; Encyclopædia Britannica, Encyclopædia Britannica Incorporated, Warren E. Preece – 1972, p.846, s.v., "Cyril and Methodius, Saints" and "Eastern Orthodoxy, Missions ancient and modern"; Encyclopedia of World Cultures, David H. Levinson, 1991, p.239, s.v., "Social Science"; Eric M. Meyers, The Oxford Encyclopedia of Archaeology in the Near East, p.151, 1997; Lunt, Slavic Review, June, 1964, p. 216; Roman Jakobson, Crucial problems of Cyrillo-Methodian Studies; Leonid Ivan Strakhovsky, A Handbook of Slavic Studies, p.98; V. Bogdanovich, History of the ancient Serbian literature, Belgrade, 1980, p.119
  2. Tsanev, Stefan (2009). Български хроники, том 4 (Crónicas Búlgaras, Volume 4) (en búlgaro). Sofía. p. 165. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Cubberley, Paul (1996). "The Slavic Alphabets". En Daniels, Peter T.; Bright, William. The World's Writing Systems (en inglés). Oxford University Press. pp. 346-355. ISBN 978-0-19-507993-7. .
  4. "Cyril and Methodius, Saints". The Columbia Encyclopaedia (en inglés) (6ª ed.). 2001. pp. 869, 884. Greek missionaries, brothers, called Apostles to the Slavs and fathers of Slavonic literature 
  5. Major alphabets of the world, Cyrillic and Glagolitic alphabets (en inglés). 2008. The two early Slavic alphabets, the Cyrillic and the Glagolitic, were invented by St. Cyril, or Constantine (c. 827–869), and St. Methodii (c. 825–884). These men from Thessaloniki who became apostles to the southern Slavs, whom they converted to Christianity 
  6. Kazhdan, Alexander P. (1991). The Oxford dictionary of Byzantium (en inglés). Nova York: Oxford University Press. p. 507. ISBN 978-0-19-504652-6. Constantine (Cyril) and his brother Methodius were the sons of the droungarios Leo and Maria, who may have been a Slav 
  7. Dvornik, Francis (1956). American Academy of Arts and Sciences, ed. The Slavs: Their Early History and Civilization (en inglés). Boston. p. 179. The Psalter and the Book of Prophets were adapted or "modernized" with special regard to their use in Bulgarian churches and it was in this school that the Glagolitic script was replaced by the so-called Cyrillic writing, which was more akin to the Greek uncial, simplified matters considerably and is still used by the Orthodox Slavs 
  8. Curta, Florin (2006). Southeastern Europe in the Middle Ages, 500–1250. Cambridge Medieval Textbooks (en inglés). Cambridge University Press. p. 222. ISBN 978-0-521-81539-0. 
  9. Hussey, J. M.; Louth, Andrew (2010). "The Orthodox Church in the Byzantine Empire". Oxford History of the Christian Church (en inglés). Oxford University Press. p. 100. ISBN 978-0-19-161488-0. 
  10. Lunt, Horace G. (xaneiro de 1987). "On the relationship of old Church Slavonic to the written language of early Rus'". Russian Linguistics (en inglés) 11 (2–3). 
  11. Schenker, Alexander (1995). The Dawn of Slavic. Yale University Press. pp. 185–186, 189–190. 
  12. 12,0 12,1 Lunt, Horace G. (1959). Old Church Slavonic Grammar (en inglés). Mouton de Gruyter. pp. 3–4. 
  13. Wien, Lysaght (1983). Old Church Slavonic (Old Bulgarian)-Middle Greek-Modern English dictionary. Verlag Bruder Hollinek. 
  14. Fortson, Benjamin W. Indo-European Language and Culture: An Introduction (en inglés). p. 374. 
  15. "Civil Type and Kis Cyrillic". typejournal.ru (en inglés). Consultado o 5 de novembro de 2020. 
  16. Orban, Leonard (24 de maio de 2007). Unión Europea, ed. "Cyrillic, the third official alphabet of the EU, was created by a truly multilingual European" (PDF) (en inglés). Consultado o 5 de novembro de 2020. 
  17. "Alphabet soup as Kazakh leader orders switch from Cyrillic to Latin letters". The Guardian (en inglés). Reuters. 26-10-2017. ISSN 0261-3077. Consultado o 7 de novembro de 2020. 
  18. "Mongolia to restore traditional alphabet by 2025". news.mn (en inglés). 20-03-2020. Consultado o 7 de novembro de 2020. 
  19. "Alaskan Orthodox Texts". asna.ca (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2010. Consultado o 7 de novembro de 2020. 
  20. U.S. English, ed. (febreiro de 2005). "The Tatar language will continue to be written through the Cyrillic alphabet" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2011. Consultado o 7 de novembro de 2020. 
  21. Стеценко, Алексей Никитич (1984). Хрестоматия по Старославянскому Языку (en ruso). Prosveshchenie. 
  22. Forma variante: escrita tamén S
  23. Forma variante Ꙋ
  24. Forma variante ЪИ

Véxase taméneditar

Outros artigoseditar

Ligazóns externaseditar

🔥 Top keywords: Segunda guerra mundialPortadaÁcido desoxirribonucleicoVirusRepública Popular da ChinaMetabolismoRosa LuxemburgEspecial:Cambios recentesEspecial:ProcurarDallas MavericksMódulo:ArgumentosAngkor WatCarles PuigdemontFernão de MagalhãesBaltimoreBaike: Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIComunismoIslamRakel WinchesterCapitalismoAntigo ExiptoComunistaAmérica do NorteBaike: A Taberna (políticas)LiberalLiberalismoDistritos de PortugalNoelia ReyDemocraciaMacedonia do NorteFísicaManuel MongeThe ArtistPolíticaBaike: Lista de artigos que toda Wikipedia debería terFilipe II de EspañaBermudasDitaduraCaso Asunta BasterraNacionalismoProxyMarianneEstados Unidos de AméricaMesopotamiaImperio españolAnálise numéricaAirbus A350Baike: Lista de mulleres con artigo na Wikipedia en galegoHerculanoBélxicaRichard SerraCarlos X de FranciaTeobrominaUsuario:Wikiportas/Manuel Buceta del VillarReloxoBilbaoTom HanksAno (astronomía)Lingua romancheArenqueDavid BroncanoMitocondria22ª edición dos Premios Mestre MateoBaike: AxudaPosicións sexuaisEdiciones AgoeiroXúpiterIlyushin Il-76Ángel Alvariño SaavedraGaliciaAWStatsFátima PegoMarxistaMarxismoRaquel AtanesCanle (comunicación)Baike: Acerca deBaike: Portal da comunidadeBaike: Artigos de calidadeMáximo común divisorMaría JamardoGran DepresiónImperialismoPedro RieloCategoría:Mestres de GaliciaMalariaTesalónicaAxuda:Cambios relacionadosCulturaKarl MarxBaike: Libro de estiloBaike: Lista de mulleres de Cataluña segundo WikidataJorge C. AlonsoAeroporto de Newark LibertyBaike: Lista de persoas nadas na provincia da Coruña segundo WikidataFroufe, O IrixoGran Premio do Canadá de 2014Sacro Imperio Romano XermánicoBaike: Actualidade