Artigo destacado | A Declaración Balfour, redactada o 2 de novembro de 1917, foi unha manifestación formal e pública do goberno británico durante a primeira guerra mundial, para anunciar o seu apoio ao establecemento dun «fogar nacional» para o pobo xudeu na rexión de Palestina, que nese momento formaba parte do Imperio Otomán. A declaración foi incluída nunha carta asinada polo ministro de Relacións Exteriores británico (Foreign Office) Arthur James Balfour dirixida ao barón Lionel Walter Rothschild, un líder da comunidade xudía en Gran Bretaña, para a súa transmisión á Federación Sionista de Gran Bretaña e Irlanda. O texto foi publicado na prensa o 9 de novembro de 1917. Durante o período das discusións do Gabinete de Guerra británico, que conduciu á declaración, a guerra máis ampla chegara a un período de estancamento. As tropas estadounidenses aínda non estaban despregadas e os rusos estaban distraídos pola axitación interna. O secretario do Gabinete, Mark Sykes, iniciou conversacións formais co líder sionista o 7 de febreiro de 1917, e Balfour pediu a Rothschild e a Chaim Weizmann que presentasen un proxecto de declaración pública o 19 de xuño. Outros borradores foron discutidos polo Gabinete británico durante setembro e outubro, con achegas de xudeus sionistas e antisionistas, pero sen representación da poboación local en Palestina, e a emisión da declaración final foi autorizada para o 31 de outubro. A discusión do gabinete sobre a aprobación describiu percibidos beneficios de propaganda entre a comunidade xudía mundial para o esforzo de guerra aliado. |
Sobre Galicia | |
Tal día coma hoxe no ano... | - 1842, morre Stendhal, escritor francés.
- 1992, preséntase o novo tren de alta velocidade (AVE), que percorre 317 km, dende Madrid a Ademuz (Córdoba), e alcanza unha velocidade de 300 km/h.
- 1994, morre don Álvaro del Portillo, prelado do Opus Dei.
- 2003, o PSOE abandona o pleno de Viveiro ante a negativa do PP a debati-las mocións contra as accións bélicas a causa da Guerra de Iraq.
- 2005, en Ferrol inaugúrase a oitava edición de Equiocio, feira do cabalo que conta superar os 40.000 visitantes.
- 2014, morre Adolfo Suárez (na imaxe), Presidente do Goberno de España entre 1976 e 1981.
|
| |
Imaxe do día | |
Presentación | |
Participación | |
Comunidade | De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 143 851 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 261 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa. |
|