Lev búlgaro

Lev búlgaro
лев en búlgaro
Código:BGN
Ámbito:Bulgaria Bulgaria
Símbolo:Лв
Fracción:100 stotinki
Moedas:1, 2, 5, 10, 20, 50 stotinki
1 BGN
Billetes:2, 5, 10, 20, 50, 100 BGN
Emisor:Монетен двор
Taxa de troco:
9-03-2014
1 EUR = 1,9601 BGN
1 USD = 1,4127 BGN
Troco actual

O lev (en plural leva, en búlgaro: лев/лева) é a moeda oficial de Bulgaria. O código ISO 4217 para esta unidade monetaria é BGN e a súa abreviatura Lv (Лв). Subdivídese en 100 stotinki (стотинки). En búlgaro antigo, a palabra lev significaba león.

HistoriaEditar

O lev foi introducido en 1881 cunha taxa de cambio fixa respecto ao franco francés. Dende entón, a moeda sufriu tres revalidacións. A primeira foi en 1952 por mor da inflación na posguerra, facéndose cunha taxa de cambio dun lev novo por 100 dos antigos. Despois, en 1962, vólvese a revalidar a moeda a razón dun lev por 10 dos devaluados. A partir de aquí o lev entrou nun período de estabilidade de preto de tres décadas. A diferenza doutras moedas dos estados comunistas, o lev non era convertible ás moedas dos estados occidentais. Con todo, a taxa de cambio oficial era de aproximadamente 90 stotinkis por dólar estadounidense, no mercado negro pagábase entre cinco e seis veces máis.

Despois da caída do comunismo, o lev volve sufrir fortes episodios de inflación. Por este motivo en 1997 estableceuse unha taxa de cambio fixa co marco alemán a razón de 1.000 lev por marco. O 5 de xullo de 1999 o lev vólvese a revalidar e estabeleceuse a paridade co marco alemán (1 BGN = 1 DEM). Por mor da substitución do marco polo euro (EUR) o 1 de xaneiro de 2002, o lev mantivo unha taxa de cambio fixa respecto da moeda única europea a razón de 1,95583 lev por euro. Prevese que o euro substitúa ao lev en 2011.

MoedasEditar

A moedas que circulan correntemente son as dos valores de:

  • 1 stotinka
  • 2 stotinki
  • 5 stotinki
  • 10 stotinki
  • 20 stotinki
  • 50 stotinki
  • 1 lev

BilletesEditar

Os billetes búlgaros en circulación oficial son:

  • 1 BGN
    • 112 x 60 mm
    • Tonalidade: vermello
    • Anverso: unha icona do Santo Iván Rilski do ano 1789
    • Reverso: o Mosteiro de Rila
  • 2 BGN
    • 116 x 64 mm
    • Tonalidade: violeta
    • Anverso: o teólogo Pagisios de Chiliandar, de fondo o Mosteiro Zografou en Monte Athos
    • Reverso: escudo cun león rampante e o escudo de armas de Bulgaria
  • 5 BGN
    • 121 x 67 mm
    • Tonalidade: rosa
    • Anverso: o pintor e deseñador Iván Milev, de fondo detalle da súa pintura "Arte e a Coroa de Espiñas"
    • Reverso: detalle das súas pinturas "Muller Colleitando" e "A Voda do Dragón"
  • 10 BGN
  • 20 BGN
    • 121 x 73 mm
    • Tonalidade: azul
    • Anverso: Stefan Stambolo], de fondo unha edición facsímile da súa antoloxía "Cancións e Poemas" e o selo do Comité Edinstvo
    • Reverso: o edificio da Asemblea Nacional e fragmentos das pontes da Aguia e do León en Sofía
  • 50 BGN
    • 136 x 76 mm
    • Tonalidade: marrón
    • Anverso: o poeta e crítico literario Pencho Slaveykov, de fondo o Teatro Nacional e a Biblioteca Nacional en Sofía
    • Reverso: fragmento dun poema da súa antoloxía "Cancións Épicas" e motivos alegóricos ao mesmo
  • 100 BGN
    • 141 x 79 mm
    • Tonalidade: verde escuro
    • Anverso: o escritor Aleko Konstantinov e un facsímile da súa primeira edición de "Un Viaxe a Chicago e Volta"
    • Reverso: o escritor rodeado de libros, flores, un reloxo e letras cirílicas

Taxas de cambioEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

🔥 Top keywords: PortadaCarles PuigdemontEspecial:ProcurarEva CárdenasEspecial:Cambios recentesYolanda CastañoMiniaMarta LoisArnold SchwarzeneggerVigo Rugby ClubControl de versiónsScyliorhinusA lista de SchindlerManuel TurizoATS F1Cova de Thien DuongPremio Princesa de Asturias das LetrasStephen SemelVoorgoed voorbijIn the Aeroplane Over the SeaAlberto Núñez FeijóoMicrosoftVictoria KentRaposoCasa de les PunxesOrde arquitectónicaEstación de ferrocarrilJoana VasconcelosGuiónThylane Blondeau21 horas en MunichGaita marcialWeird TalesVíctor DupláPremio Princesa de Asturias das ArtesLista de xentilicios de concellos galegosWikibaike: Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXICociente intelectualProteínaHenry FordGaliciaGalipediaThe ArtistAduboDiáspora galegaEdición xenómicaAlicia BorrásLouis BrailleCuca GamarraCanle (enxeñaría)Manuela CarmenaLingua galegaNikola TeslaPilar AbellaSantiago de CompostelaTeresa González CostaLista de programas de Televisión EspañolaAdoboGoogleBolboreta monarcaDeportivo da CoruñaWikibaike: Acerca deWikibaike: Portal da comunidadeIrmandades da FalaBurato de vermeFPremio Nacional de Poesía (España)A filla do ladrón de bicicletasSistema operativoAlfabeto galegoIRCIraqÁreas lingüísticas do galegoGoretti SanmartínVigoCategoría:Primeira guerra mundialFlorencia PeñaWikibaike: AxudaReino de GaliciaJRamón CabanillasLuísa VillaltaWDistritos de PortugalXunta de GaliciaQWikibaike: Advertencia xeralReal Academia GalegaBrahim DíazSegunda guerra mundialRaquel AtanesLeninismoLista de castelos de PortugalOVColocación do pronome átono en galegoGregoria ApazaYO Bierzo