Exército Vermello Xaponés

O Exército Vermello Xaponés (日本赤軍 Nihon Sekigun?) foi un grupo armado fundado no Xapón en 1971[1] por Fusako Shigenobu.[2] O grupo, formado a partir de elementos da extrema esquerda xaponesa, contou aproximadamente con entre douscentos e trescentos integrantes, e o 10% chegou a operar fóra das fronteiras xaponesas.[1] A pesar do seu reducido tamaño, alcanzou especial notoriedade internacional durante os anos setenta,[2] cometendo distintas accións espectaculares, como o asalto ao aeroporto de Tel Aviv no que 26 persoas (incluídos dous integrantes deste grupo) acabaron mortos baixo o fogo de metralladoras e explosións de granadas de man.[2] Está sinalado como o primeiro grupo que cometeu accións para outros grupos de Occidente, como secuestros de embaixadas, chancelarías, barcos ou avións.[3]

Despois da detención de Kōzō Okamoto, o líder deste grupo,[3] o Exército Vermello Xaponés diminuíu as súas actividades, até que cesaron por completo a finais da década de 1980,[2] despois de estourar un coche bomba[1] nunhas instalacións militares estadounidenses en Nápoles.[2]

Hai constancias e especulacións de que realizou ou realizaría atentados xunto a distintos grupos terroristas, por exemplo, a Fronte Popular para a Liberación de Palestina, Setembro Negro, Brigadas Vermellas, Baader Meinhof, Al Fatah, Exército Corso, IRA, ETA, Iparretarrak e Hamás.[3]

Tiña como obxectivos políticos a revolución proletaria no Xapón, o derrocamento do Goberno do Xapón, acabar coa monarquía da familia imperial xaponesa e consolidar unha revolución mundial.

Notas

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 Diccionario de terrorismo, páxina 37
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Condenada a 20 años la fundadora del Ejército Rojo Japonésa. El País, 23 de febreiro de 2006. Consultado o 15 de novembro de 2013.
  3. 3,0 3,1 3,2 Terroristas, páxinas 174 e 175.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
🔥 Top keywords: PortadaGerardo Pardo de VeraEspecial:ProcurarEspecial:Cambios recentesAna Pardo de VeraApolipoproteína DRoko (actriz)Alfonso Daniel Rodríguez CastelaoO Río Lérez, Posmarcos, A Pobra do CaramiñalPedro AlonsoPosicións sexuaisGroenlandiaEladio OsorioFriolEva Iglesias MiguénsPronomeBélxicaRaquel AtanesAzealia BanksLois XIV de FranciaLingua francesaCélula nai neuralHiénidosXosé Manuel PiñeiroNatalia Puente PradoOenanthe (planta)Isabel Pardo de VeraMondariz-BalnearioAnkhPixarLedicia CostasOsoÁcidoBerilioPatrimonio da Humanidade en BelarúsPenínsula de KolaAntonín DvořákJosé de San MartínActinioNacionalismo asturianoLepidodendronGalego de AsturiasHerba tintureiraMito da creaciónComposto de organosilicioRepública Soviética Federativa Socialista de RusiaLa RegiónRococóDiliReceptor X hepáticoRepública Socialista Soviética de UcraínaSecuenciación de proteínasAlemañaEurypterusComplexo de pre-replicaciónPartido Democrático de AlbaniaBaike: Acerca deManuel Blanco RomasantaAbeluriaDaniel Rodríguez VázquezOxyrrhis marinaAndrea MaceirasMaría das Dores Arribe DopicoSilvia SuperstarGráfica de Lineweaver-BurkPaís neutralForzas Armadas de EspañaGaliciaGalipediaAlfozTrofeo Juan AcuñaBaike: Advertencia xeralVilaia de TindufXabier DeiveReino de GaliciaExército do TíbetLérezFormamidaCategoría:AsasinadosLingua galegaIelena IelesinaControl científicoÁlex FidalgoÁreas lingüísticas do galegoPólaXV Brigada InternacionalBaike: Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXICrocetinaDelta do Río das PerlasConcellos de GaliciaTonhito de PoiDynastesEleccións parlamentarias de Andorra de 2019IgaliaPosición do misioneiro invertidaJosé Manuel Barbosa ÁlvaresAlfabeto galegoDavid BroncanoCategoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela